Monday 29 de April de 2024

O GES de Brión asiste aos implicados nun novo accidente de tráfico na AC-550 á altura da Barquiña (Noia)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu esta tarde a unha chamada de alerta por un accidente de tráfico en Noia, concretamente no cruce da AC-550 coa DP-5704, á altura da Barquiña. O choque frontolateral entre dous vehículos saldouse sen feridos, unicamente con danos materiais.

Os técnicos do GES de Brión procederon a desconectar as baterías de ambos vehículos, aplicar líquidos absorbentes e dispersantes nas manchas de aceite sobre a calzada e recoller as distintas pezas de ambos vehículos sobre a estrada, deixando a AC-550 limpa e de novo transitable. Unhas tarefas nas que contaron coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil de Noia.

É a segunda ocasión na que o GES de Brión intervén nun accidente neste mesmo lugar e nas mesmas circunstancias nos últimos seis meses. A anterior ocasión tivo lugar en novembro de 2020 e saldouse con danos materiais e 5 persoas feridas.